Tuesday 14 de May de 2024

Unha corentena de persoas adquiriron na Pobra o nivel A1 en lingua de signos


A impartición do nivel A1 en lingua de signos chegou nesta semana ao seu fin coa entrega dos diplomas acreditativos ás máis de corenta persoas que participaron nesta acción formativa posta en marcha pola Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal.

A concelleira Amparo Cerecedo apunta que se ofertou este nivel despois da demanda rexistrada nas dúas edicións previas do curso de iniciación. Remarca, deste xeito, a importancia por favorece-la comunicación e a inclusión.

As aulas tiveron lugar nos luns e mércores do período comprendido entre o día 15 de febreiro e o 22 de maio na Casa da Mocidade, a cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Abordáronse seis unidades didácticas con contidos gramaticais, léxicos, socioculturais e pragmáticos propios do nivel básico.